ESCUDO-1300x400-02
Centenario

Grupo Pereira súmase á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’ con 500 quilos de alimentos

RC Celta

‘‘100 Anos – 100 Toneladas’, a ambiciosa campaña de recollida lanzada hai unhas semanas pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo con motivo da celebración do Centenario do RC Celta, recibiu un importante impulso grazas á colaboración do Grupo Pereira, que doou 500 quilos de conservas e galletas da súa marca Biscuits Galicia.

Grupo Pereira convértese desta maneira na primeira empresa galega en sumarse ao reto de reunir no ano do Centenario celeste 100 toneladas de alimentos non perecedoiros para axudar ás familias desfavorecidas.

O director xeral do Grupo Pereira, José Enrique Pereira, foi recibido na sede do banco de Alimentos polo presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o vicepresidente da entidade anfitrioa, Polo Quinteiro, quen agradeceu a xenerosa contribución da firma galega á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’

As empresas que desexen secundar a iniciativa de Pereira poden chamar ao número de teléfono, habilitado pola Fundación Celta, 666 533 366 de 10.00 a 14:00 horas. As doazóns poderán facelas no Banco de Alimentos, na Avenida de Alcalde Lavadores 102, ou solicitar que sexan recollidas na propia empresa polo Banco de Alimentos.

Os particulares poden depositar alimentos non perecedoiros nos puntos habilitados para iso nas tendas oficiais do club na Sede e en Abanca Balaídos de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e os domingos de partido na situada no estadio celeste.

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas