O Real Club Celta súmase ao pesar e o loito do fútbol español pola perda de Luis Aragonés, ex-adestrador da Selección Española, falecido a pasada madrugada aos 75 anos de idade.
O club quere expresar o seu profundo pesar e facer chegar o seu máis sincero pésame e unha agarimosa aperta a familiares, amigos e compañeiros de profesión do ‘Sabio de Hortaleza’.