Hemeroteca celtismo

Pouco máis de mil entradas á venda para ‘O Noso Derbi’

RC Celta

preciosderbi-agotadas2gradas.jpg

 

O apaixonante derbi galego deste sábado está xerando unha gran expectación entre o celtismo e o estadio de Balaídos rexistrará un ambiente excepcional nun choque de gran importancia para que o RC Celta poida avivar o seu soño de clasificarse nos postos que dan acceso a disputar unha competición europea. Quedan xa pouco máis de mil entradas á venda, todas elas nas gradas de Río Baixo, Tribuna e Gol, xa que tanto Río Alto como Marcador completaron o seu aforo.

 

Os billetes dispoñibles para as gradas de Tribuna, Río Baixo e Gol teñen prezos entre 60 e 90 euros para a categoría ADULTO e entre 40 e 60 euros para afeccionados SUB-25.

 

Os abonados que gestionaron o seu carné con anterioridad a devandita data poderán asistir ao encontro do xeito habitual, presentando o seu abono na entrada á grada. Os suplementos poderán retirarse ata o mércores 30 de marzo.

 

A oficina de abonados e as taquillas permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o sábado, día do partido, desde as 10 ata as 22 horas de xeito ininterrumpido. As entradas poden adquirirse en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta, activa as 24 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas