20250525_Adri_PlazaAmericaCelebracion_VoltamosAEuropa-268
Celtismo

Praza América volveu brillar co celtismo

RC Celta

O RC Celta o volveu facer. Na última xornada de LALIGA EA SPORTS, cunha vitoria de Afouteza e Corazón ante o Getafe no Coliseum,o equipo selou o seu billete para a Europa League. E como manda a historia, o celtismo citouse na fonte da felicidade, Praza América.

A noite do sábado foi unha marea celeste. Miles de celtistas envorcáronse nunha celebración espontánea tras o asubío final. Algúns mesmo recibiron ao equipo no aeroporto, demostrando unha vez máis que o sentimento celeste non ten horario.

Pero o gran momento chegou o domingo. A cidade tinguiuse de celeste nun percorrido en autobús cheo de emoción, que arrincou en Abanca Balaídos, fixo parada no Concello e aparcou en Praza América. Unha Praza América a rebordar para celebrar esta clasificación e o peche dunha tempada redonda, en especial pola perfecta comuñón co celtismo.

A afección superou con fartura as expectativas do club, por iso, o RC Celta non pode estar máis que agradecido co éxito do evento e co éxito dunha campaña que, agora si, péchase con matrícula de honra.

Grazas, celtistas. Estas imaxes quedarán para sempre no noso recordo.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas