Con gran interese e as expectativas sobradamente superadas, o RC Celta viviu esta tarde na Sede Afundación Vigo a première de ‘Informe Plus+ | Iago Aspas, corazón celeste’, unha apaixonante reportaxe que Movistar Plus estreará este xoves na súa plataforma de televisión.
Á estrea exclusiva deste emotivo e intenso documento acudiron o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, consello de administración, directivos, xogadores do primeiro equipo, dos dous filiais e da canteira do club, empregados, abonados e peñistas, que gozaron dunha espectacular reportaxe sobre a vida e traxectoria deportiva do canteirán, convertido xa en lenda celeste.
Tras a proxección, Carlos Mouriño, Iago Aspas, Carlos Martínez, narrador de Movistar Plus+ e presentador do evento, e Luís Fermoso, responsable de Informe Plus, protagonizaron un interesante coloquio para poñer punto e final a un evento que cativou por completo aos asistentes.