ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O canteirán Gabri Veiga, gañador do primeiro Premio Estrella Galicia da tempada

RC Celta

O primeiro Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do RC Celta da tempada 2022/23 xa ten dono. O canteirán Gabri Veiga foi elixido polos afeccionados celestes como o mellor futbolista do conxunto vigués do mes de setembro. Gabri, con protagonismo crecente, deixou nos encontros que disputou momentos fantásticos, entre eles o seu primeiro gol co primeiro equipo, anotado ante o Atlético de Madrid no Civitas Metropolitano, ou unha espléndida segunda metade ante o Cádiz en Abanca Balaídos.

Gabri, que se impuxo na fase final da votación a Iago Aspas e Larsen, expresou a súa gratitude a Estrella Galicia e á adición celeste polo premio e subliñou que “estou moi orgulloso, tamén sorprendido por que non mo esperaba, pero sendo canteirán levas anos vendo como recollen este premio grandes xogadores como Iago ou Brais e faime especial ilusión”.

Tras engadir que este premio chegoulle tamén “grazas aos compañeiros, ao traballo de cada día”, Gabri analizou o partido da pasada fin de semana ante o FC Barcelona: “quedo coas sensacións da segunda mutade por como lle competimos a un dos mellores equipos do mundo. Temos que sacar as conclusións positivas que nos poidan axudar este domingo ante outro gran rival”.

“Ante a Real Sociedad será un partido difícil, pero temos a vantaxe de contar coa axuda da nosa afección como o día do Betis e esperamos sacar os tres puntos”, concluíu o canteirán.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas