Hemeroteca club

Presentado o proxecto da cidade deportiva do Real Club Celta

RC Celta

reunion_concello_valadares_7313.jpg

Carlos Mouriño destacou que refrenda a aposta pola canteira e colma os soños do club  

 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e o presidente do Real Club Celta, Caros Mouriño, presentaron hoxe no Concello o proxecto da cidade deportiva do Celta prevista en Valadares, unha actuación que se desenvolverá nunha superficie de case 300.000 metros cadrados e que supón cumprir “os soños do club”, segundo apuntou o presidente celeste.

 

Durante o acto de presentación do proxecto, ao que tamén asistiron o vicepresidente do club, Pedro Pousada, o conselleiro Antonio Rosendo e a tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, entre outras autoridades, Carlos Mouriño destacou que se trata dun proxecto que referenda a decidido “aposta pola canteira” do club e subliñou que “hoxe é un día vital para o Celta”.

 

Abel Caballero definiu esta actuación como “un fito na historia de Vigo que vai marcar o futuro do deporte durante o século XXI”. Pola súa banda. Carmela Silva explicou que o proxecto pode construírse por fases axustándose ao Plan Xeral da cidade e que se traballará “en primeiro lugar sobre 297.960 metros cadrados nos que se prevén dez campos de fútbol, un centro de alto rendemento e un pavillón deportivo”, entre outras dotacións.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas