Hemeroteca celtismo

Prezos populares para o partido de volta de Copa ante o Valencia

RC Celta

celtavalencia090117.JPG

 


MERCA AS TÚAS ENTRADAS AQUÍ


 

Celta-Valencia (Copa)

Prezos populares para o atractivo choque copeiro ante a Valencia deste xoves 12 de xaneiro. Os celestes encaran o partido de volta de oitavos cunha vantaxe de 4 goles a 1 cultivada en Mestalla a pasada semana. No entanto, tanto Berizzo como os seus xogadores advertiron de que é necesario non confiarse e pechar a eliminatoria cun novo triunfo.

 

Os prezos para este encontro, no que os vigueses poden certificar o seu pase aos cuartos de final da competición, oscilan entre 5 e 15 euros para SUB-25 e entre 10 e 30 euros para categoría ADULTO. Os despachos de billetes de Balaídos abrirán no seu horario habitual de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

 

Celta-Alavés (Liga)

Tamén empezaron a despacharse os billetes para a próxima xornada ligueira, segunda consecutiva en Balaídos. O Celta mídese ao Deportivo Alavés este domingo 15 de xaneiro ás 16:15 horas co obxectivo de seguir crecendo na táboa clasificatoria e aspirar aos postos europeos.

 

As entradas teñen un custo de entre 15 e 30 euros para SUB-25 e de entre 20 e 50 euros para categoría ADULTO. Os despachos de billetes abrirán no seu horario habitual de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas até o venres e o domingo desde as 10:00 até o comezo do partido.

 

Celta-Real Madrid (Liga)

As entradas para o Celta-Real Madrid, un dos partidos máis atractivos da tempada, xa están dispoñibles tanto en Balaídos como no despacho de billetes online. Este emocionante partido encádrase na xornada 21 da competición ligueira, que se disputará eldomingo 5 de febreiro ás 20:45 horas. Para este encontro o club estableceu uns prezos de entre 50 e 70 euros para SUB-25 e de entre 70 e 110 euros para ADULTO.

 

Ao tratarse dun partido desginado como “Día de Club” os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 8 de Xullo e os anuais que o fagan pasado o 31 de Decembro, deberán retirar un suplemento nos despachos de billetes de Balaídos, abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. As entradas tamén están dispoñibles na web www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

precios_copa_090117.jpgpreciosceltaalaves090117.jpg

preciosrealmadrid2016.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas