Hemeroteca celtismo

Primeira semana da campaña de abonados: Case 600 altas e máis de 1.500 renovacións

RC Celta

datos_abonados_12613.jpg

Os trámites poden realizarse de xeito cómodo e sinxelo online a través da web oficial

 

A primeira semana da campaña de abonados do Real Club Celta deparó uns datos moi positivos: Ao longo destes cinco días, tres deles con xornada matinal e outros dúas completa, rexistráronse preto de 600 altas e máis de 1.500 renovacións, cifras que revelan o entusiasmo do celtismo. Ademais, os trámites online, a través da páxina web oficial, www.celtavigo.net, están xa operativos e poden realizarse de xeito cómodo e sinxelo durante as 24 horas do día. 


As oficinas de abonados e taquillas do estadio de Balaídos recolleron durante a presente semana a ilusión do celtismo, envorcado co equipo e o proxecto para a próxima campaña, en forma dunha enorme actividade durante estes últimos cinco días. Case 600 afeccionados sumáronse á familia celeste e un total de 1.530 abonados renovaron o seu carnet.

 

As renovaciones que se produzan antes do 15 do próximo mes de xullo gozarán do desconto especial 90 Aniversario, un 10 por cento acumulable, ata un máximo dun 20 por cento, ao familiar ou de accionista, tamén dun 10 por cento.

 

Ademais, as altas e renovaciones que se realicen antes desa data quedasen exentas de pagar suplemento algún nos partidos designados como de Días do Club e o carnet Sub-24 substituíu ao Sub-23.

 

As oficinas de abonados e taquillas do estadio de Balaídos abren de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas e, ademais, os martes e xoves tamén pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

 

Xa poden ademais realizarse de xeito cómodo, sinxelo e seguro, os trámites online a través da páxina web oficial, www.celtavigo.net. Durante as 24 horas do día e nuns sinxelos pasos, os abonados e afeccionados poden renovar ou darse de alta e recoller a súa carnet na oficina de abonados no momento que desexe ata o comezo da tempada. 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas