ESCUDO-1300x400-02
Centenario

A Campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’ recibe un novo impulso cunha tonelada de peixe conxelado doado pola firma Profand

RC Celta

A campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’, posta en marcha pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo con motivo do Centenario do club, recibiu hoxe un importante impulso grazas á xenerosidade da empresa Profand. Esta multinacional, nada da fusión de Promar e Fandiño, contribuíu á campaña cunha tonelada de peixe conxelado, entregada na sede do Banco de Alimentos nun acto ao que asistiron o vicepresidente celeste, Pedro Posada, o director da Fundación Celta, German Arteta, o presidente da ONG anfitrioa, Iván Martínez, Antonio Álvarez, director de sustentabilidade de Profand e María Montero, directora de comunicación da firma alimenticia.

Profand dispón dunha frota de 24 barcos e un total de 14 plantas de procesado coa tecnoloxía máis innovadora, así como de 7 instalacións de acuicultura. O seu equipo fórmano máis de 3.500 empregados e os seus produtos chegan a máis de 60 países´

Os que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria, poden depositar alimentos non perecedoiros nos puntos habilitados para iso nas tendas oficiais do club en A Sede e en Abanca Balaídos de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Ademais, o club habiltou unha liña telefónica exclusiva para aquelas empresas que desexen participar. Poden chamar ao número de teléfono 666 533 366 de 10.00 a 14:00 horas. As doazóns poderán facelas no Banco de Alimentos, na Avenida de Alcalde Lavadores 102, ou solicitar que sexan recollidas na propia empresa polo Banco de Alimentos.

s.

RC Celta

Etiquetas

Centenario O Club

Noticias recomendadas