Hemeroteca club

Radoja, Larrivey e Sergi Gómez estrean os traxes oficiais deseñados por Do Rego & Novoa

RC Celta

drn-sede-radoja-larri-sergi.jpg

Ao  acto de presentación na sede social acudiron numerosas personalidades do ámbito empresarial

 

A sede social do RC Celta foi escenario esta tarde da firma do acordo entre o club vigués e a prestixiosa firma galega Do Rego & Novoa, encargada de deseñar os traxes oficiais para a tempada 2014/2015. Os xogadores do primeiro equipo Radoja, Larrivey e Sergi Gómez estrearon os traxes nun acto de presentación que contou cunha nutrida presenza de personalidades do ámbito empresarial galego.

 doregoandnovoa2-sede-300914.jpg

 

Do Rego & Novoa é unha empresa téxtil dedicada ao deseño, confección e comercialización internacional. Clásico, innovador e elegante son trazos que identifican o estilo da marca, dirixida a un público novo que goza a moda cun estilo moi persoal. a marca distínguese polo deseño, confección e a calidade dos tecidos.

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o xerente de Do Rego & Novoa, Roberto Do Rego, selaron na sala de xuntas da sede social celeste o acordo entre ambas as entidades, acompañados polo vicepresidente céltico Ricardo Barros e o deseñador Julio Novoa.

 

doregoandnovoa-sede-300914.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas