O RC Celta deu a benvida a Rafa Benítez en A Sede RC Celta cunha multitudinaria rolda de prensa que foi transmitida en directo a través das nosas canles oficiais en Twitter, Facebook, Instagram e Youtube. A presentación do técnico madrileño captou a atención dos medios de comunicación tanto a nivel nacional como internacional, demostrando a relevancia mediática de Benítez no seu regreso a LaLiga.
A emisión multiplataforma congregou unha media de 4.000 espectadores e un pico de máis de 6.000 celtistas, con case 70.000 visualizacións entre todas as canles e máis de 100.000 impresións nas 24 horas posteriores á emisión, datos verificados por Blinkfire, a plataforma de medición de uso de LaLiga.
Un evento visto ao longo e ancho do mundo, con reproducións en máis de vinte países, entre eles Perú, México, Estados Unidos, Arxentina, Reino Unido, Canadá ou Portugal. Unha xornada de enorme apoio do celtismo en redes sociais na que o RC Celta foi o cuarto equipo de LaLiga con máis interaccións, só por detrás de FC Barcelona, Real Madrid e Atlético de Madrid, o que demostra o gran entusiasmo e interese da o afección nun emocionante momento: a chegada de Rafa Benítez na tempada do noso Centenario.