O RC Celta e o Concello de Mos celebran este sábado 16 de decembro ás 12:00 horas un acto aberto ao público no auditorio do Multiusos das Pozas para presentar o proxecto da futura cidade deportiva celeste, que se situará no municipio mosense.
Ao acto asistirán, ademais de representantes do concello de Mos coa alcaldesa Nidia Arévalo á cabeza, o presidente céltico Carlos Mouriño e os xogadores e canteiráns Iago Aspas, Hugo Mallo, Rubén Blanco e Brais Méndez, estes dous últimos mosenses.
Celta Media retransmitirá en directo o acto a través dos perfís oficiais do RC Celta en Facebook e YouTube.