Audiovisual

RC Celta e Hijos de Rivera amplían os seus vínculos para seguir crecendo xuntos

RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e o conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, presentaron esta mañá o novo acordo de patrocinio entre ambas entidades, cunha duración de tres anos e que se estende, ademais á Fundación Celta e Afouteza.

Estrella de Galicia e Cabreiroá serán patrocinadores principais do RC Celta no primeiro equipo e nas categorías inferiores, o que supón o referendo da unión de dúas entidades que teñen como bandeira a súa identidade galega.

Estrella Galicia lucirá no Fontal da camiseta do Celta e Celta B e en lugares destacados do estadio de Balaídos e A Sede, onde se produce unha asociación estratéxica con Hijos de Rivera en todo o relativo aos novos negocios de restauración e entretenimento.

Hillos de Rivera e o RC Celta dotarán a A Sede dun atractivo programa de contidos musicais, de motor e gastronómicos, o que representa un notable avance nunha relación que xa transcende a actividade futbolística para transcorrer por novos e ilusionantes camiños.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas