O RC Celta e o adestrador Rafa Benítez pecharon a desvinculación definitiva do técnico madrileño. O Club continúa, por tanto, envorcado en desenvolver o seu actual proxecto e Rafa Benítez emprenderá unha nova etapa profesional, na que o RC Celta deséxalle o maior dos éxitos. O acordo é froito do compromiso de Rafa Benítez de axudar ao RC Celta, tanto neste momento como nos meses vindeiros, non prexudicalo e, en definitiva, de continuar apoiando o proxecto.