Hemeroteca club

RC Celta, Fundación Celta e Concello asinan un convenio para a potenciación do galego

RC Celta

gustameGL01.jpg

Xogadores, canteiráns, técnicos… o club vigués participa na campaña “Gústame o galego”

 

Real Club Celta, Fundación Celta e Concello de Vigo asinaron esta mañá un convenio de colaboración no marco do programa “Gústame o Galego”, en concreto para desenvolver a campaña “Gústame o Galego de Primeira”. Ao acto asistiron o Alcalde de Vigo Abel Caballero, o presidente celeste Carlos Mouriño e o director xeral da Fundación Celta, Serafín Alonso.

 

Esta iniciativa, promovida pola Coordinadora de Traballadores da Normalización Lingüística, conta co apoio do servizo de normalización do Concello así como da Universidade de Vigo e pretende fomentar o uso da lingua galega desde un punto de vista positivo, cunha mensaxe de interese e gusto polo emprego do galego en todos os ámbitos da vida.

 

gustameGL02.jpg

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, mostrouse “moi contento por poder participar neste programa” e expresou o seu desexo de que o idioma galego “divúlguese máis e cobre a importancia que merece”.

 

Pola súa banda, o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o obxectivo deste programa “é a potenciación lingüística e a defensa do galego, un impulso colectivo para que ocupe o lugar que merece non só en Galicia, senón entre as linguas de España”.

 

A colaboración co Celta e a Fundación pretende facer chegar esta iniciativa ao mundo do fútbol a través de xogadores do Celta, así como membros do corpo técnico, que prestaron a súa imaxe para dar a súa mensaxe positiva cara ao galego e a súa utilización no deporte. Lemas como “Gústame como roxe Balaídos en galego” ou “Gústame cantar A Rianxeira” son algúns das mensaxes cos que se fotografaron.

 

gustameGL03.jpg

 

Graváronse vídeos promocionais que serán emitidos durante os próximos partidos en Balaídos e ao longo dos próximos meses levarán a cabo diversas actividades e concursos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas