ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

RC Celta lanza a marca “Celestiños” para as mascotas máis celestes

RC Celta

Chegou o momento de compartir a paixón polo RC Celta coa túa mascota e presumir de cores e escudo coa nova marca de roupa Celestiños, unha liña innovadora pensada exclusivamente para eles.

Celestiños conta con téxtiles da máxima calidade, materiais suaves e cómodos para as macotas e que non provocasen rozaduras. Unha colección feita co máximo agarimo e que conta con catro artigos para cans (tres camisetas e un chubasquero).

O chubasquero (34.95€) para can é ideal para os días máis chuviosos, protexerá perfectamente á túa mascota. As camisetas (25.90€), elaboradas con materiais resistentes e duradeiros, son perfectas para levar á túa mascota á última moda.

Neste primeiro lanzamento de Celestiños, a roupa está dirixida a cans pequenos, con catro tallas a elixir, pero pronto a dispoñibilidade, así como a variedade de produtos, aumentará para chegar ao maior número de mascotas celestes posible.

A liña Celestiños xa está dispoñible tanto en tenda física como online.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas