aficion-bengalas-bus-recibimiento-abanca-balaidos-vs-girona.jpg
Celtismo

RC Celta-RCD Mallorca: chocolotada para os afeccionados que reciban ao equipo

RC Celta

Este domingo (Abanca Balaídos, 14.00 horas) o RC Celta afronta un partido clave. Mídese ao RCD Mallorca, ao que superaría na táboa cunha vitoria, un salto na clasificación que supoñería deixar atrás os postos de descenso e afrontar o futuro con outra perspectiva. A afección celeste, consciente da importancia do encontro e convocada polas peñas, concentrarase no estadio para recibir ao equipo e fabricar unha vez máis ese ambiente máxico que asombra a todo o país.

O RC Celta poñerá a disposición dos afeccionados que acudan a recibir ao equipo numerosas racións de chocolate con churros, que os seguidores poderán degustar de xeito gratuito nas cantinas da Grada Siareiros. Os participantes no recibimiento poderán, desde as 11.00 horas e ata final de existencias, gozar deste ágape previo á chegada do equipo, que necesita a vitoria para recuperar confianza e comezar a esperada remontada.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas