Hemeroteca celtismo

RC Celta-Real Madrid: a bancada de Preferencia completa a súa capacidade

RC Celta

rafinha_madrid-celta_1314_ok.jpg

Xa se despacharon máis de 1.500 entradas para o último partido da tempada en Balaídos

 

A venda de entradas para o partido ante o Real Madrid avanza a un gran ritmo e permite prognosticar un ambiente extraordinario no último encontro da tempada en Balaídos. A falta de tres semanas para a penúltima xornada de Liga xa se venderon máis de 1.500 entradas e a bancada de Preferencia esgotouse.

 

Durante o segundo fin de semana do próximo mes de maio, o celtismo gozará dunha apaixonante despedida da tempada en Balaídos. O Real Club Celta recibe ao Real Madrid nun choque sempre de gran interese. As oficinas de abonados do club despachan as entradas para este encontro, cuxo prezo oscila entre os 50 e 70 euros para Sub-24 e entre 65 e 100 euros para adulto.

Ao ser Día do Club, os abonados que renovaron ou se deron de alta despois do 19 de xullo ou 31 de decembro en caso dos anuais deberán retirar un suplemento de 20 euros en categoría adulto e de 10 euros en Sub-24 con polo menos dez días de antelación, mentres que aqueles que tramitaron o seu carné con anterioridade ás devanditas datas poderán acudir ao encontro sen ningún custo.

Os afeccionados e abonados poden adquirir entradas e suplementos na oficina de abonados de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademais, os billetes poderán adquirirse desde mañá a través do despacho de billetes virtual, dispoñible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

precios_celta-madrid_1314_ok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas