Gadis renova un ano máis o seu apoio ao RC Celta. A cadea de supermercados 100×100 galega seguirá sendo patrocinadora do club durante a tempada 24/25, aparecendo na publicación do número de afeccionados en Abanca Balaídos os días de partido en casa. Ademais, como novidade no vínculo deste ano, a marca tamén se suma como colaboradora do equipo feminino As Celtas.
Gadis segue traballando da man do Celta, crendo no primeiro equipo celeste e no proxecto máis ilusionante da presente campaña 24/25: As Celtas. Unha aposta da empresa galega pola creación de equipos que fomentan o crecemento e expansión do club, apoian o deporte galego e visibilizan o fútbol feminino.
Para o RC Celta é un orgullo fortalecer o vínculo con Gadis, unha marca local, defensora do deporte e cultura galega, que comparte as nosas raíces, os nosos valores e sente a nosa terra.