Mikakus Barcelona, marca de sneakers fundada polo campión do mundo Andrés Iniesta, convértese en provedor oficial do RC Celta nesta ilusionante tempada do Centenario.
A marca barcelonesa non soamente acompañará aos xogadores celestes na súa andaina durante toda esta campaña, complementando o seu uniforme de paseo cos seus produtos, senón que ademais todos os celtistas que tamén desexen facerse con estas zapatillas, teranas ao seu alcance nas diferentes canles oficiais do club celeste: tendas oficiais e e-commerce.
Mikakus Barcelona, presente en máis de 70 países, foi creada en 2018 e desde as súas orixes apostou por produtos con texturas e cores innovadores que ofrezan á vez o máximo confort.