Hemeroteca celtismo

Rebaixas do 50% na tenda do Celta

RC Celta

desconto50

 

As rebaixas continúan na tenda do Celta. Se nas últimas semanas o establecemento celeste ofrecía un 40% de desconto en produtos da colección RC Celta, a partir deste martes os afeccionados poden beneficiarse dun 50% de rebaixa en pezas como a sudadera, o chándal, a camiseta de adestro, a parka ou o chubasquero. Unha ocasión inmellorable para facerse con produtos oficiais a metade de prezo.

O horario de apertura da tenda é de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Esta promoción non é aplicable nas camisetas de xogo nin as medias. Oferta só dispoñible no local físico e non acumulable a outros descontos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas