A estreita relación que mantén desde fai máis dunha década o Grupo Recalvi co RC Celta e a súa Fundación afiánzase nun ano moi especial para o club e a súa afección. A firma galega convértese en Patrocinador Oficial do Centenario celeste, un apoio que define a enorme implicación que Recalvi co RC Celta, iniciada nos momentos máis delicados do club e en constante crecemento ata a actualidade.
Grupo Recalvi suma esta nova condición de Patrocinador Oficial do Centenario ás de Patrocinador do club e da Fundación, da que é tamén Membro de Honra.
Recalvi. con sede en Vigo, e capital 100% galego. é un dos maiores grupos de distribución de recambios e accesorios en España e o grupo europeo con maior presencia en Latinoamérica, con almacéns propios en 5 países Centroamericanos.