Hemeroteca celtismo

Restan 2.800 altas para pechar a admisión de novos abonados

RC Celta

ultimas_altas_web.jpg

Por razóns de aforo o club só podería xestionar esa cifra de altas a partir deste momento

O Real Club Celta podería dar por finalizada nas próximas semanas a tramitación de novas altas. O bo ritmo das mesmas, sumado ás renovacións xestionadas ata agora e os abonados pendentes de renovar o seu carné, permitirían dar de alta a día de hoxe a tan só uns 2.800 afeccionados máis.

Desta forma completaríase o aforo máximo de Balaídos destinado a abonados, o 90 por cento da capacidade total, mentres que o 10 por cento das localidades restantes estarían destinadas á venda de entradas e diversos convenios.

Por outra banda, uns 12.000 abonados aínda non renovaron o seu carné. O club convídalles a tramitar a súa renovación nos próximos días e non deixalo para o final a fin de evitar aglomeracións e poder beneficiarse da promoción vixente ata o 15 de xullo. Os abonados que renoven o seu abono antes de dita data beneficiaranse dun 10 por cento de desconto, acumulable ata un máximo dun 20 por cento se se ten dereito ao desconto familiar ou de accionista.

O Celta anima aos afeccionados celtistas a renovar ou darse de alta da forma máis rápida e sinxela, a través da web www.celtavigo.org/abonosCeltaA plataforma dixital estará dispoñible as 24 horas do día mentres dure a campaña de abonados.

A oficina de abonados do estadio de Balaídos permanece aberta de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00. Ademais, os martes e xoves tamén se realizan altas e renovacións en horario de 17:00 a 20:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas