GG2A0435
Celtismo

Rodrigo Corrales da o pistoletazo de saída da tempada 24/25

RC Celta

Rodrigo Corrales, medallista de bronce coa Selección Española de balonmán en París 2024, foi o encargado de realizar o saque de honra no partido inaugural da presente tempada 24/25. O olímpico fixo rodar o balón por primeira vez este curso en Abanca Balaídos, un xesto que pareceu traer boa sorte, xa que os celestes lograron levar a vitoria por 2-1 ante o Deportivo Alavés.

Para o RC Celta é un auténtico orgullo que un medallista olímpico, e fervente celtista, dese o pistoletazo de saída do que seguro será un curso ilusionante.

Grazas, Rodrigo, e parabéns polo podio!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas