O RC Celta preparou para este sábado 17 de marzo unha espectacular xornada festiva chea de celtismo, música e animación para celebrar a apertura da nova sede céltica na Rúa do Príncipe. As rúas de Vigo encheranse de espectáculo desde o mediodía, ás 18:00 haberá unha concentración celtista fronte ao museo do MARCO e ás 19:00 chegará o prato forte, un evento presentado polo actor galego Javier Veiga que contará coa presenza dos xogadores do primeiro equipo e da canteira e que contará coas actuacións dos artistas Roi Méndez e Cepeda de OT, a viguesa Wöyza, o gaiteiro galego Budiño, o mítico Miguel Costas e, como peche, a música de DJ Lagartija.
Sábado 17 de marzo
Desde as 12:00 nas rúas do centro de Vigo
Sarunas Pupelis Street Band
Beehive
Barafunda
Nelson Quinteiro Producciones
Ás 18:00 fronte ao museo do MARCO
Concentración celtista para cantar temas e cancións populares do celtismo con Nelson Quinteiro Producciones.
Reparto de bufandas conmemorativas.
Ás 19:00 no exterior da sede do RC Celta en Príncipe
Evento final presentado polo actor galego Javier Veiga, coa presenza do primeiro equipo céltico, da canteira e as actuacións musicais de Roi e Cepeda de OT, Wöyza, Budiño, Miguel Costas e DJ Lagartija.