RP Marco
O Club

Rolda de prensa de Marco Garcés tras facerse oficial a súa renovación

RC Celta

Marco Garcés, director de Fútbol do Celta, compareceu antes os medios de comunicación este luns en Abanca Balaídos tras facerse oficial a súa renovación co club ata 2030. Acompañado por Marián Mouriño, presidenta da entidade celeste, Marco mostrouse “súper contento e agradecido pola súa continuidade nun club cunha ética de traballo abafadora“.

O director de Fútbol puxo en valor o proxecto de canteira do Celta, subliñando que “desde o principio entendín que a base é o corazón de todo o que sucede” e reafirmou a “confianza plena no potencial que alberga o club“.

Mirando ao futuro, Garcés mostrouse moi claro na mensaxe: o obxectivo é seguir crecendo con ambición. “Queremos ser ambiciosos, querer máis“, unhas palabras nas que mostra o seu compromiso cun camiño iniciado que permitirá ao Celta seguir construíndo un proxecto sólido, fiel á súa identidade e coa Canteira como piar fundamental.

Proxecto, futuro e actualidade do equipo son só algúns dos temas que Marco Garcés abordou nunha rolda de prensa moi completa.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas