O RC Celta cambia a súa colección de adestramento. Hoxe estrea as novas prendas que os xogadores utilizarán tanto nas viaxes como nas súas sesións de preparación ata final de tempada. Non é un día calquera, nin unha cor máis. As chaquetas, suadoiros, camisetas e chubasqueiros que lucirán os xogadores do RC Celta son de cor rosa, un cambio que se produce no Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha causa á que o club se suma con este pequeno xesto.
Tampouco é unha cuestión simplemente estética. #ActitudRosa é unha maneira de vivir con valentía, con tesón, con #Afouteza, o sentimento que define a este club e á súa afección.
Ademais, o 10% de todas as vendas desta colección ata o 31 de outubro destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro. As prendas poden adquirirse AQUÍ