Slide web
Celtismo

Sábado de Fortuna en A Sede!

RC Celta

O RC Celta abre novamente o Salón Rexio da Sede para todos os afeccionados que queiran gozar xuntos do partido de volta de Play Off entre o Málaga CF e a Celta Fortuna deste sábado, 8 de xuño, que se disputará no estadio da Rosaleda ás 19:30 horas. A apertura de portas será unha hora antes do inicio do partido, ás 18:30 horas. Como é habitual, a previa estará amenizada por unha sesión de DJ a cargo de Iván Alonso para ir quentando motores. Ademais, o Salón Rexio contará cunha mesa quente de El Trigal dispoñible durante o partido. Como en anteriores ocasións, a entrada será libre ata completar capacidade.

Este sábado os nosos necesítannos máis que nunca así que non perdas a oportunidade e ven a A Sede para todos xuntos empurrar ao equipo cara á vitoria. Esperámosvos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas