BANNER WEB 1300X400
Novas club

Comunicado oficial do RC Celta: Santi Mina

RC Celta

comunicado oficial hor

Tras analizar minuciosamente as distintas alternativas xurídicas dispoñibles, como o club anunciou o pasado día 19 de xullo tras o pronunciamento do TSJA, no día de hoxe o RC Celta tomou a firme decisión de extinguir unilateralmente o contrato de traballo do xogador Santi Mina.

Esta decisión, que conta co decidido respaldo de LaLiga, referenda sen ningún tipo de dúbida a postura inicial do club, xa que desde o primeiro día a entidade celeste subliñou que os valores do RC Celta están por encima de todo e que o club os defendería ata as últimas consecuencias, incluídas as repercusións que puidese ter na planificación deportiva.

O RC Celta é un club centenario nado dun acto de exemplar xenerosidade e ao longo da súa historia demostrou en infinidade de ocasións o seu inquebrantable compromiso coa sociedade e a defensa duns valores que xa son aceno de identidade do club.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas