RC Celta e Scientiffic Nutrition renovaron o seu acordo de colaboración ata 2026. Desta maneira, a marca española referencia en nutrición deportiva continuará sendo o Suplemento Deportivo Oficial tanto do primeiro equipo como da canteira e agora tamén de As Celtas.
Os servizos médicos do club, xunto co departamento de nutrición, apostaron por esta marca líder enfocada en optimizar ao máximo o rendemento dos xogadores e xogadoras a través da alimentación. A calidade do produto e o seu servizo son os principais acenos de identidade dunha compañía que xa conta con presenza en diferentes países como Italia, Bélxica, Islandia, Marrocos, Costa Rica, Chile ou Colombia entre outros.
Javier Aguilar, CEO de Scientiffic Nutrition móstrase satisfeito de continuar vinculado ao RC Celta: “É un pracer poder continuar traballando con este Club histórico co que levamos unidos desde o ano 2021. Todo o equipo de Scientiffic Nutrition traballamos diariamente para poder poñer o noso gran de area na mellora do rendemento e a saúde dos futbolistas. Ademais, queremos que a nosa oferta tamén entre nas casas de miles de afeccionados celtiñas para que tamén estes alcancen as súas metas”
Scientiffic Nutrition conta cun extenso catálogo de produtos que permite satisfacer as necesidades dos nosos futbolistas tanto durante os adestramentos, partidos e nos seus momentos de descanso. A recuperación e o óptimo descanso é fundamental para alcanzar o máximo rendemento deportivo, evitando desta forma lesións durante a tempada.
Todos os produtos están deseñados e producidos con tecnoloxía de última xeración e baixo os máis estritos controis de calidade, ademais dos certificados dopping free pertinentes. Scientiffic Nutrition mantén unha estreita relación coa importante certificadora internacional Informed Sport con actualmente 11 referencias que contan con este prestixioso selo.
O RC Celta mostra a súa satisfacción de poder seguir unidos a unha empresa vangardista no sector que segue sendo fiel ao proxecto de fomentar a alimentación saudable no deporte a partir das bases.