HistoriaeTradición_1300x400
O Club

A segunda equipación do RC Celta responde a unha palabra: Tradición

RC Celta

Tras desvelar esa nova beleza celeste que será o noso primeiro equipamento, agora toca presentar a que será a nosa segunda pel nesta tempada 23/24. Cun tradicional vermello como cor principal, esta peza rende tributo aos 100 anos da entidade.

Como na primeira, Galicia cobra especial importancia nesta camiseta, co uso destacado da bandeira de todos no peito para reforzar a tradicional unión entre o RC Celta e a súa terra. O pescozo da camiseta conta cunha homenaxe aos dous clubs que propiciaron, coa súa exemplar fusión, o nacemento do RC Celta, o Real Club Fortuna e Vigo Sporting. Coas súas iniciais unidas por e para sempre nesta camiseta exclusiva, o Club rende homenaxe ao legado recibido e ao xeneroso esforzo que realizaron axuntando forzas para alcanzar os seus soños.

A trama que caracteriza esta camiseta, a simulación dunhas ondas, representa outro elemento característico da cidade á que pertence o club, as ondas do mar de Vigo. As mesmas ás que fai alusión C.Tangana en ‘Oliveira dúas cen anos’.

Novamente mostramos o noso agradecemento a Estrela Galicia polo uso monocolor do seu patrocinio nas camisetas desta tempada tan especial para o club, o que demostra, unha vez máis, o seu compromiso co RC Celta neste ano de Centenario.

A nova peza está dispoñible desde hoxe, xoves 20 de xullo, tanto nas tendas física da Sede e ABANCA Balaidos, como na web. O prezo da camiseta será 84,95€.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas