ESCUDO-1300x400-01
O Club

Semana especial para o RC Celta e a afección: cúmprese un ano de Afouteza

RC Celta

O RC Celta mergúllase nunha semana moi especial, que conclúe o domingo cun aniversario inesquecible. Ese día, o 28, conmemórase unha data histórica, a da inauguración da Cidade Deportiva Afouteza, que desde fai uns meses é o fogar do primeiro equipo e do Celta B.

Ambos conxuntos gozan dunhas instalacións, únicas, integradas nun proxecto innovador e sostenible que axuntará deporte, lecer e natureza. Durante a súa construción, baseada na arquitectura bioclimática, respectouse ao máximo a contorna, gardando un equilibrio coa paisaxe. Ademais, a edificación é autosuficiente desde o punto de vista da utilización das augas.

O club ofrecerá esta semana unha serie de contidos especiais para conmemorar co celtismo este aniversario dunhas instalacións que supoñen un fito único na historia do club. As RRSS do RC Celta sorprenderán á afección durante os próximos días con contidos espectaculares e inéditos que reflectirán dun xeito moi orixinal o carácter único e as peculiaridades da cidade deportiva celeste.

O proxecto da Cidade Deportiva contempla na súa totalidade a construción de nove campos de fútbol e un edificio que crecerá en torno a eles. Esta construción dará resposta a todas as necesidades do club en todas as súas categorías, á vez que se constituirá como un novo espazo para o lecer e o entretenimento.

Con este proxecto, o RC Celta sitúase como un referente internacional e consolida co seu obxectivo de apontoar a formación dos xogadores de canteira, que xa é recoñecida en todo o mundo polo seu éxito.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas