
Silabario, o espazo culinario situado en A Sede e capitaneado polo chef galego Alberto González, volveu a ser recoñecido cunha Estrella Michelin, un galardón que mantén por sexto ano consecutivo. Un novo éxito que o consolida como un dos grandes referentes gastronómicos non só en Galicia senón no panorama internacional.
A Guía Michelin premiou novamente a aposta do restaurante por unha cociña de raíces galegas, baseada no respecto ao produto local achegándolle unha visión creativa. Alberto González subliña a importancia deste recoñecemento que “che reafirma e posiciónate no panorama gastronómico a nivel mundial. É unha distinción que se consegue co traballo e esforzo de ano tras ano, algo moi importante para nós”.
Consolidado como un emblema da restauración viguesa e galega, Silabario destaca pola súa filosofía próxima e tradicional, e un ano máis o seu Menú Berbés mantense como o máis accesible entre os restaurantes con Estrella Michelin de todo o mundo, reafirmando o compromiso de Silabario por levar a alta cociña a un público amplo.
Unha estrela que segue brillando no máis alto de A Sede onde o chef Alberto destaca que “coa axuda de todo o equipo de Silabario e de todos os departamentos do club, volvemos formar parte da Champions League da gastronomía”.