Se queredes portadas nos xornais e titulares nos telexornais, este non é o voso sitio.
Se queredes xogadores que saian na prensa rosa, que enchan páxinas sobre a roupa que levan ou o seu novo corte de pelo, este non é o voso sitio.
Se queredes gañar títulos cada tempada e xogar en Europa un ano tras outro, este non é o voso sitio.
Aquí non hai titulares.
Aquí non hai Ronaldos nin Messis.
Aquí non hai títulos.
Pero aquí coñécese a honra que pode haber na derrota.
Aquí apláudese o esforzo, a intención, a valentía, a entrega.
Aquí as caídas son duras, pero ensinan a levantarse.
Aquí apréndese a levar a cabeza moi alta aínda sendo pequeno.
Aquí ése aínda mais grande por ser humilde.
E as pequenas cousas significan algo.
E non é un club e unha afección, é unha familia.
E a ilusión contáxiase.
E crese en imposibles que, ás veces, fanse realidade.
E aínda con bágoas nos ollos, cántase a Rianxeira para que saiban que nunca estarán sós.
E despídese ao equipo en pé, cunha ovación que non é un título, pero que vale mil veces máis.
E en Champions ou en Segunda, en Anfield ou no Toralín, o orgullo de levar a celeste non cabe no peito.
Só ti podes entendelo.
Ana Ferreiro Paz, abonada do RC Celta e peñista de Comando Celta