as-celtas-imagen-corporativa
As Celtas

Sol Moreno reforza a portería celeste

RC Celta

as-celtas-imagen-corporativa

As Celtas fortalecen o seu plantel coa chegada de Sol Moreno Marcos, porteira de gran proxección que con tan só 20 anos xa conta cunha destacada traxectoria ás súas costas.

Formada nas categorías inferiores do Madrid CFF, club no que militou durante dúas etapas (2016-2021 e 2022-2025), Sol tamén viviu unha experiencia internacional durante a tempada 2021/22, competindo en Estados Unidos co equipo do Tuscarora High School, país onde ademais continuou a súa formación académica.

Áxil, segura e cunha gran lectura de xogo, a gardameta madrileña chega a Vigo disposta a seguir crecendo nun proxecto ilusionante e de futuro.

Benvida, Sol!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas