O club estrea instalacións para mellorar a atención a abonados e afeccionados
Con ilusión renovada, entusiasmo e o convencimiento de gozar dun novo crecemento trala espléndida tempada realizada polo equipo e a posta en marcha de proxectos históricos, o Real Club Celta lanza unha campaña de abonados que inclúe diversas novidades. Entre elas, a inauguración das novas taquillas, máis modernas, funcionais e ideadas para ofrecer unha mellor atención a abonados e afeccionados.
Todos os trámites relacionados coa campaña, tanto renovaciones como altas, realízanse nestas novas instalacións, dotadas con moderna tecnoloxía, numerosas pantallas informativas e un amplo horario de atención ao público durante o mes de xuño: de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido.
Hai ademais, un bo número de persoas destinadas á realización destes trámites co obxectivo de evitar colas e mellorar de xeito substancial a atención aos abonados que desexen renovar e aos afeccionados que queiran unirse á gran familia celeste.
A campaña de abonados para a ilusionante tempada 2015/2016 ofrece diversas vantaxes e descontos durante o mes de xuño tanto ás renovaciones como ás novas altas.
O club mantén os prezos da pasada campaña coas mesmas categorías: adulto, sub-25, sub-15, maior de 65 anos e menor de 8. Neste último caso, os prezos para todas as gradas son de 50 euros, cunha cota de alta de 45.