O córner de Do Rego and Novoa, provedor oficial do RC Celta, no Corte Inglés de Vigo viviu este luns unha tarde chea de ilusión e celtismo coa visita dos futbolistas Radoja, Cabral e Tucu. Os afeccionados que se achegaron ao evento tiveron a oportunidade de coñecer aos seus ídolos en persoa e de conseguir os seus autógrafos. Ademais, a marca galega agasallou a todos os asistentes que realizaron algunha compra cun 20% de desconto.
O RC Celta continuará traballando estreitamente cos seus patrocinadores para seguir achegando o equipo á afección.