BALAIDOS 1
Novas club

Tati Cruz únese a As Celtas

RC Celta
  • As Celtas conta cunha nova incorporación nas súas filas: Tatiana Cruz Rodríguez. Nacida en novembro de 2003 en La Orotava, Tati chega cunha ampla traxectoria no mundo do fútbol.
  • A centrocampista comezou a súa carreira na tempada 2008/2009 no equipo da súa localidade: UD Orotava, onde xogou durante seis tempadas, cunha polo medio no Florida CF. Posteriormente, uniuse ao Real Unión de Tenerife Tacuense, onde permaneceu durante outras cinco campañas nas que logrou debutar con apenas 14 anos no primeiro equipo, que militaba na 2ª División. Alí, na tempada 2015/2016 converteuse na máxima goleadora do equipo, logrando o subcampeonato.
  • Despois da súa destacada etapa no Tacuense, Tatiana pasou unha tempada na Real Unión de Tenerife, e finalmente xogou durante tres tempadas no Costa Adeje Tenerife Egatesa antes de aterrar en Vigo.
  • A carreira de Tatiana tamén brillou a nivel de seleccións. Coa Selección Canaria, logrou un terceiro posto no torneo de comunidades autónomas sub-12 en 2015. Ademais, foi subcampioa coa Selección Tinerfeña de Fútbol Sala no torneo entre as seleccións das illas.
  • A chegada de Tatiana Cruz achega experiencia, visión e velocidade ao centro do campo de As Celtas. O club está seguro de que a súa incorporación fortalecerá ao equipo e traerá moitas alegrías ao celtismo.
  • Benvida, Tati!
RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas