16-9
As Celtas

Tatiana Barcia únese ao proxecto de As Celtas

RC Celta

As Celtas continúa a dar forma ao seu cadro de xogadoras de cara á próxima tempada en Segunda RFEF. A última incorporación é a de Tatiana Barcia Blanco, xogadora de 24 anos nada en Mazaricos, que chega para reforzar a banda como extremo.

Tatiana conta cunha ampla traxectoria no fútbol galego e estatal. Formouse no Xallas de Santa Comba e pasou por equipos como o Victoria CF, Atlántida Matamá, Viaxes InterRías, Deportivo da Coruña e Deportivo Alavés. Ademais, durante anos compaxinou a súa formación en fútbol co fútbol sala no Amarelle FSF.

Coa súa chegada, o conxunto dirixido por Vicky Vázquez suma calidade e experiencia para afrontar con ilusión o novo curso.

Benvida, Tatiana!

RC Celta

Etiquetas

As Celtas

Noticias recomendadas