info
Celtismo

Toda a información que necesitas saber se acudes ao Celta-Atlético de Madrid deste domingo!

RC Celta

info

Abanca Balaídos acollerá este domingo 05 de outubro, ás 21:00 horas, o encontro que enfronta nesta xornada 8 da LaLiga EA Sports ao Celta contra o Atlético de Madrid. Para todos os celtistas que acudades ao estadio a apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser do voso interese:

Apertura de portas:

As portas do estadio abrirán ás 19:45 horas. Para evitar aglomeracións e retrasos na entrada, recoméndase a todos os asistentes acceder polo menos 40 minutos antes do encontro. A tempada pasada incorporamos o chip de proximidade nos carnés para facilitar a súa lectura, ademais do NFC do teu carné dixital dispoñible na App. Lembrámosche que actualices o QR do teu carné dixital a través do Portal do Celtista. Pódese acceder ata as 22:15 horas.

Documentos de acceso:

Todos os asistentes deberán ter un documento de acceso para entrar no estadio, incluso os máis pequenos, independentemente da súa idade. Estes documentos poderán ser:

Carné de abonado de calquera categoría. No caso de non ter o abono físico, pódese acceder co carné dixital que xa se pode descargar no Portal do Celtista.

Carné Miudiño

Entrada para o partido

Lémbrase que os carnés de abonado son intransferibles nas súas distintas categorías e, por tanto, só poderán ser utilizados polo seu titular, agás o Carné celtista abonado en categoría Adulto, que é transferible, salvo na bancada de Marcador Baixo.

Poderase solicitar documento acreditativo da persoa co carné intransferible para poder acceder, denegando o acceso no caso de que non coincida co titular.

Atención de incidencias:

O club pon a disposición de todos os espectadores un servizo de incidencias con entradas ou carnés que estará habilitado nas billeteiras do estadio, desde a apertura de portas e ata o comezo do partido. Non obstante, lémbrase a todos os abonados que desde o Portal do Celtista ou desde a App poden descargarse o abono dixital ou actualizalo.

Non se realizarán duplicados de carnés a partir das 17:00 horas.

Apertura dos despachos de billetes:

O despacho de billetes estará aberto desde as 10:00 horas ata o comezo do encontro. Non obstante, para maior comodidade, recoméndase consultar a dispoñibilidade e mercar as entradas na web do Celta.

Apertura da tenda oficial do estadio:

A tenda oficial do estadio abrirá este xoves de maneira ininterrompida, desde as 17:30 horas ata as 23:30 horas.

Mural de falecidos:

Poderá visitarse nun horario especial de 19:00 a 19:30 horas, ofrecendo un espazo de recordo e homenaxe a quen formaron parte da familia celeste.

Museo Celta:

O Museo Celta abrirá as súas portas en horario ininterrompido de 10:00 a 20:30 horas, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio do club a través das súas exposicións e contidos interactivos. Podes adquirir a túa entrada desde a páxina web ou na recepción da Área Celtista.

Servizo de consigna para carriños de bebé:

Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar aos seus pais, nais, avós ou avoas a animar ao seu equipo, o Celta pon a disposición dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres están no interior do estadio.

Este servizo estará habilitado na bancada de Tribuna, ao lado do local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11 de Tribuna, desde a apertura das portas de Abanca Balaídos e ata 15 minutos despois da finalización do encontro.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas