16-9 (1)
Celtismo

Tour Especial Abanca Balaídos polo Día de Galicia

RC Celta

Vive o Celta e Galicia desde dentro con esta experiencia especial polo Día de Galicia, que che permitirá percorrer os recunchos máis emblemáticos do estadio Abanca Balaídos e coñecer o Museo Celta mediante unha visita guiada, nunha ruta que celebra a historia, os símbolos e a identidade galega do club.

Descubre o camiño que percorren os xogadores os días de partido: vestiarios, túnel de saída ao campo, sala de prensa, banquiños… Espazos cargados de historia e emoción que agora poderás visitar en primeira persoa.

Ao longo do percorrido, poñeremos en valor o papel do Celta como embaixador de Galicia desde a súa fundación ata hoxe. Coñecerás a historia de figuras clave como Iago Aspas, descubrirás os elementos galegos presentes na camisola e no escudo, e revivirás momentos que uniron Balaídos con toda Galicia.

Como peche especial, gozarás dunha degustación simbólica de Tarta de Santiago, unha homenaxe doce á nosa terra.

Que inclúe este produto?

  • Visita guiada temática especial polo estadio Abanca Balaídos.
  • Visita guiada ao Museo Celta.
  • Degustación simbólica de Tarta de Santiago
  • Detalle conmemorativo.
  • Compra a túa entrada AQUÍ e goza do Día de Galicia no templo celeste.

Información importante:

  • Duración estimada total (estadio + museo): 90 minutos
  • Localización: acceso pola Área Celtista, entre as portas 14 e 15 da grada Marcador
  • Idiomas dispoñibles: Galego e Castelán.
  • Todos os descontos son persoais e intransferibles. Será necesario acreditar identidade e idade con DNI ou libro de familia
  • Non se permite o acceso con mascotas, agás animais de asistencia debidamente acreditados
  • Non se admiten devolucións
  • Para realizar calquera xestión, pode contactar connosco a través de [email protected]
RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas