Hemeroteca celtismo

Tres de cada catro abonados terán acceso por primeira vez a un 10 por cento de desconto

RC Celta

descuento_abonados_web_8616.jpg

 

Unha das grandes novidades da campaña de abonados da tempada 2017/2018 é o desconto dun 10 por cento no carnet da próxima campaña para aqueles que asistan a máis do 80 por cento dos partidos oficiais en Balaídos. Con esta iniciativa, cuxo principal obxectivo é incentivar a asistencia para que o equipo estea o máis arroupado posible durante toda a tempada, o club fai posible que a totalidade da masa social poida gozar dun desconto do 10 por cento no seu abono.

 

Isto tradúcese en que tres de cada catro abonados celestes terán acceso por primeira vez a un 10 por cento de desconto no seu carnet. Desta forma, a totalidade da masa social pode beneficiarse desta vantaxe que ata agora só afectaba a un 25 por cento a través do desconto de Accionista ou Familiar.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas