Hemeroteca celtismo

Última fase da Campaña de Abonados. Abónate!

RC Celta

taquillas650.jpg

 

Os afeccionados celestes están a tempo de abonarse e gozar dunha prometedora tempada que arrincou da mellor maneira posible, con dous triunfos consecutivos. A última fase da Campaña de Abonados, dispoñible para todas as bancadas salvo Preferencia, foi recibida polo celtismo con gran aceptación. As condicións continúan sendo as xa anunciadas, destacando a continuidade no prezo dos abonos respecto da pasada tempada.

 

Ademais, o RC Celta ofrece a posibilidade de fraccionar o pago do carné ata 3 meses sen intereses co Cartón Comercio e VISA Abanca ou até 12 meses cunha pequena recarga solicitando o Credicelta.

 

Os novos abonados terán unha cota de alta de 85 euros en categoría adulto e 45 no resto e deberán adquirir suplemento nos partidos designados como Días do Club.

 

Todos os trámites poden realizarse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20h ou as 24 horas do día na plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta

 

ALTAS010915ok.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas