Hemeroteca celtismo

Última semana de Campaña de Abonados con vantaxes especiais

RC Celta

aspas-aficion-presentacion.jpg

Ata o próximo martes desconto nas renovacións e exención de suplementos tamén para novas altas

 

Este mércores comeza a última semana de Campaña de Abonados con vantaxes especiais. Até o vindeiro martes 30 de xuño todas as renovacións benefícianse dun desconto do 5% sobre o prezo final, acumulable aos descontos de accionista e familiar ata un máximo do 15%, mentres que tanto renovacións como novas altas realizadas ata esa data están exentas de pagar suplementos nos partidos designados como ‘Días do Club’.

 

Os atractivos da Campaña de Abonados son moitos. Ás vantaxes especiais súmase a continuidade no prezo dos abonos respecto da pasada tempada, sen subida algunha, para premiar a fidelidade dos abonados celestes e propiciar o aumento da masa social. Ademais, un ano máis o RC Celta ofrece aos seus abonados a posibilidade de fraccionar o pago do carné até 3 meses sen intereses co Cartón Comercio e VISA Abanca ou até 12 meses cunha pequena recarga solicitando o Credicelta.

 

A nova tempada, a dos 50 anos do Celta en Primeira División, chega cargada de ilusión tanto no social como no deportivo: a reforma do estadio, a nova sede social, a consolidación do proxecto de canteira, o continuo crecemento e madurez do equipo ano a ano… A estreita complicidade e sólida unión entre afección, equipo e club, tan frutíferas durante as últimas tempadas, permite soñar ao celtismo cun presente e futuro emocionantes e en que o Real Club Celta de Vigo continúe crecendo a todos os niveis: Crecemos Xuntos.

 

O club anima a todos os afeccionados e abonados a tramitar o seu abono canto antes para poder beneficiarse das vantaxes especiais e evitar as aglomeracións propias dos últimos días de campaña promocional. Todos os trámites poden realizarse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de maneira ininterrompida ou as 24 horas do día na plataforma online www.celtavigo.org/abonosCelta 

precios_abonados.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas