Hemeroteca celtismo

Últimas entradas para o RC Celta-R.Madrid, na bancada de Gol

RC Celta

nolito-celebracion-aficion-1314.jpg

Os abonados que precisen de suplemento teñen ata este mércores para retiralo na oficina de abonados

A expectación do celtismo é máxima ante o último partido que acolle Balaídos esta tempada. Tras completarse a capacidade de Marcador e Preferencia na xornada de onte, hoxe foi a quenda das bancadas de Río Baixo, Río Alto e Tribuna. Os últimos billetes para o apaixonante choque ante o Real Madrid (domingo, 19:00 horas), situadas na bancada de Gol, estarán mañá á venda na oficina de abonados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, así como as 24 horas no despacho de billetes virtual: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

Suplemento

Os abonados que renovaron o seu carné ou se deron de alta despois do 19 de xullo, ou do 31 de decembro no caso dos anuais, teñen de prazo até este mércores para retirar un suplemento de 20 euros na categoría adulto e de 10 euros en Sub-24 que lles permitirá asistir a este emocionante choque. Para iso deberán acudir á oficina de abonados entre as 10 e as 14 ou entre as 17 e 20 horas.

 

Aqueles que tramitaron o seu abono con anterioridade á devandita data poderán acceder ao estadio sen ningún custo. As butacas de abonados que precisen de suplemento e non o adquiran poranse á venda nos días seguintes á finalización do prazo mencionado.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas