IMG_1004
Celtismo

Un Abanca Balaídos desbordado de celtismo para arrincar este 2025!

RC Celta

Abanca Balaídos abriu as súas portas para recibir este 2025 rodeado de todo o celtismo. Miles de persoas facían cola desde primeira hora da mañá para gozar dunha sesión preparatoria do RC Celta antes do partido de dezaseisavos da Copa do Rey, que os enfrontará este domingo ao Racing de Santander en El Sardinero.

Ás once da mañá, os protagonistas saltaron ao terreo de xogo no medio da calor da afección. Más de 5.500 persoas encheron de ilusión as bancadas de Abanca Balaídos para gozar desde preto do adestramento do conxunto celeste. Unha xornada cargada de ilusión e celtismo que arrincaba cun sentido recoñecemento a Iago Aspas tras facerse oficial a súa continuidade no equipo ata o 2026. O astro de Moaña deuse un auténtico baño de masas e non quixo perder a oportunidade para dedicar unhas palabras a todo o celtismo que sempre o tratou con tanto agarimo e aos que considera como unha familia.

Despois da sesión, os xogadores estiveron máis de dúas horas asinando autógrafos e sacándose fotos coas centos de persoas que lles esperaban emocionados. Sen dúbida, un agasallo de Reyes adiantado para moitos deles que seguro non esquecerán.

O RC Celta quere agradecer a todos os afeccionados o agarimo e apoio que sempre reciben e desexarlles un Feliz Ano Novo.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas