Hemeroteca club

Un abonado doa diverso material de valor histórico para o Museo do R.C.Celta

RC Celta

foto_histórica_web_9615.jpg

p>

O club quere expresarlle o seu agradecimiento a Carlos González Movilla polo seu xesto

 

O Real Club Celta recibiu hoxe a visita dun abonado cun singular obxectivo, o de facer entrega de diverso material de valor histórico, e por suposto sentimental, destinado ao Museo do club, que xestiona a Fundación Celta de Vigo e propón un completo e emotivo percorrido pola historia da entidade. Carlos González Movilla entregou, entre outro material gráfico, unha fotografía orixinal do primeiro partido internacional de seleccións disputado en Balaídos. Foi en abril do ano 1933 e enfrontáronse España e Portugal ante 25.000 espectadores.

 

O Real Club Celta quere expresarlle o seu agradecimiento a Carlos González Movilla polo seu xeneroso xesto, que enriquece o Museo do club situado no estadio de Balaídos. Este tipo de contribucións resultan altamente gratificantes para o Real Club Celta, non só porque supón o crecemento dos recordos expostos, senón porque demostra o amor polo club dos integrantes da gran familia celeste.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas