escudo-celta-comunicado-new-1024x576
Celtismo

Un celtista da peña Baixo Miño participou na inauguración da Cidade Deportiva Afouteza

RC Celta

escudo-celta-comunicado-new-1024x576Ricardo Gómez Sobrino, membro da Peña Celtista Baixo Miño, foi un dos afortunados que puido asistir á inauguración da nova cidade deportiva do RC Celta e coñecer as instalacións. O club puxo en marcha durante esta tempada unha campaña aberta a todos os afeccionados para elixir un nome para a nova cidade deportiva. Ricardo participou e foi agraciado no sorteo co premio principal: unha visita en primicia á “Cidade Deportiva Afouteza”.

Ademais, outros tres afeccionados que participaron no proceso de “bautismo” das instalacións resultaron gañadores da camiseta oficial do RC Celta 2020/21. Os agraciados foron Orlando González, Raquel Boo e Cristian Rodríguez. O club contactará nos próximos días aos gañadores para facerlles chegar os seus agasallos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo O Club

Noticias recomendadas