equipo-betatesters-celta-app-salon-regio-sede-180319.jpg
Celtismo

Un grupo de celtistas testeou a aplicación oficial do RC Celta antes do seu lanzamento

RC Celta

O RC Celta e BeSoccer, empresa desarrolladora da app oficial do club celeste, organizaron este luns no Salón Rexio da Sede un evento de testeo da nova aplicación oficial na que participou un afortunado grupo de celtistas, seleccionados a través dunha campaña en redes sociais.

Os asistentes tiveron a oportunidade de descubrir e probar en exclusiva a aplicación do RC Celta, que se lanzará o próximo 28 de marzo para dispositivos iOS e Android. Os ‘betatesters’ celestes ofreceron as súas impresións e valoracións, que o club e BeSoccer terán moi en conta de face a mellorar a app.

Os afeccionados tomáronse esta cita moi en serio e fixeron que o evento se desenvolvese nun ambiente moi construtivo. Ao termo do evento, o club entregou un pequeno detalle a todos os celtistas presentes en agradecemento pola súa participación e serviuse un catering no que se seguiron compartindo as primeiras impresións sobre a aplicación.

Ademáis, outros dez celtistas tamén seleccionados a través dunha activación en redes sociais, tiveron a posibilidade de probar a aplicación a distancia, aínda de non poder asistir ao evento. As súas suxerencias, recollidas pola propia aplicación, teranse igualmente en conta para mellorar a app céltica.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas